jueves, 8 de marzo de 2018

8 de marzo sempre.

Dende a biblioteca Val do libro, hoxe, 8 de marzo, celebramos o día internacional da muller reivindicando a igualdade de xéneros e os dereitos da muller, e loitando contra  a brecha salarial, o teito de cristal, o acoso sexual, os traballos non remunerados, a cosificación mediática e a violencia machista. Para elo, o alumnado de toda a ESO involucrouse nun proxecto reivindicando mulleres que fixeron historia co seu traballo, reivindicacións e logros, e outras tantas que fixeron o mesmo pero que quedaron na sombra por causa do machismo. Mulleres de onte e hoxe que toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre valoramos e reivindicamos.


Os proxecto materializouse cunha árbore de mulleres na biblioteca e dúas pancartas feministas na cancela do centro.




















sábado, 17 de febrero de 2018

Celebramos a Lupercalia en Val do Libro



A festados namorados ou S. Valentín ten a súa orixe no que os romanos denominaban "Lupercalia". Esta festa era celebrada o 15 de febreiro en honra ao fauno Luperco, antigo deus romano protector dos rebaños e bosques.


O seu nome vén debido a que esta celébranse no Lupercal, unha gruta que se atopa no monte Palatino (lugar onde vivía Luperca, a loba que alimentou aos fillos xemelgos de Marte).

Esta festa apuntaba directamente aos sexual, á fertilidade e estaba chea de sangue e azoutes. Na festa, sacrificábanse un can e un castrón, animais considerados impuros. Os Luperci ou sacerdotes do deus, corrían semidesnudos golpeando aos que se cruzaban no seu camiños cunhas tiras de coiro. Tratábanse dun acto de purificación e fertilidade para as mulleres.


No ano 496 o papa Gelasio I prohibiu as Lupercalia e instaurou o día de S. Valentín, patrón dos namorados, o 14 de febreiro.



Os/as alumnos/as de Cultura Clásica venden frechas de ouro (as de namorar) e de chumbo (as de desdén), frechas coas que disparaba Eros/Cupido deus do amor e fillo de Afrodita/Venus, deusa da beleza e o amor.


 




 

 
 
 


Visita ao Museo do Mar de Vigo

Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.









Entrevista no departamento de Dereito Romano da USC

Os/as alumnos/as de 4º de ESO viaxan ata Compostela para facer unha entrevista a unha persoalidade do departamento de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela.