Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.
O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra. Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso: 1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
Comentarios
Publicar un comentario