Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

8 de marzo sempre.

Dende a biblioteca Val do libro, hoxe, 8 de marzo, celebramos o día internacional da muller reivindicando a igualdade de xéneros e os dereitos da muller, e loitando contra   a brecha salarial, o teito de cristal, o acoso sexual, os traballos non remunerados, a cosificación mediática e a violencia machista. Para elo, o alumnado de toda a ESO involucrouse nun proxecto reivindicando mulleres que fixeron historia co seu traballo, reivindicacións e logros, e outras tantas que fixeron o mesmo pero que quedaron na sombra por causa do machismo. Mulleres de onte e hoxe que toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre valoramos e reivindicamos. Os proxecto materializouse cunha árbore de mulleres na biblioteca e dúas pancartas feministas na cancela do centro.