Dende a biblioteca Val do libro, hoxe, 8 de marzo,
celebramos o día internacional da muller reivindicando a igualdade de xéneros e
os dereitos da muller, e loitando contra
a brecha salarial, o teito de cristal, o acoso sexual, os traballos non
remunerados, a cosificación mediática e a violencia machista. Para elo, o
alumnado de toda a ESO involucrouse nun proxecto reivindicando mulleres que
fixeron historia co seu traballo, reivindicacións e logros, e outras tantas que
fixeron o mesmo pero que quedaron na sombra por causa do machismo. Mulleres de
onte e hoxe que toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre valoramos e
reivindicamos.
Os proxecto materializouse cunha árbore de mulleres
na biblioteca e dúas pancartas feministas na cancela do centro.
Comentarios
Publicar un comentario