Ir al contenido principal

Presentámonos


A Biblioteca Val do libro ten o seu espazo físico na planta baixa do edificio de educación secundaria do CPI de Bembibre ubicado en Bembibre, Val do Dubra (A Coruña).

O Val do Dubra é un encrave excepcional formado por un par de cadeas montañosas separadas polo val que forma a conca do río Dubra. O río, cruza o municipio de norte a sur e desemboca no Tambre sendo o protagonista dun lugar fantástico onde hai unha gran variedade paisaxística, pois podemos atopar zonas moi chairas e outras moi rochosas e accidentadas.


Esta particular morfoloxía poboada de carballos, castiñeiros, piñeirais e algúns eucaliptos, fai do Val do Dubra un lugar único e máxico pero tamén de difícil acceso á poboación.





Neste espazo, "Val do Libro", procuraremos mantervos informados das nosas actividades e campañas de dinamización lingüística e cultural.

Os materiáis didácticos, se non se especifica o contrario, son elaborados polo equipo da biblioteca, así como o material gráfico e audiovisual. 

As nosas canles de interacción son a web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpibembibre/e este blogue, polas cales poderemos estar en contacto e nas que poderedes opinar, dar ideas, facer peticións ou comentarios dos vosos pareceres, etc.

Fotos da nosa biblioteca:














Comentarios

Entradas populares de este blog

 O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA      O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra.  Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso:  1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!
 FESTIVAL DE NADAL- PARTE 2     Continuamos coas actuacións grupais do festival non subidas ao Instagram:  2º ESO interpretando unha canción da BSO da película Titanic, co título My heart will go on : 3º da ESO, interpretando a canción Stay , de Rihanna:  De novo 3º da ESO, interpretando a panxoliña de Nadal Santa Claus is Comin' to Town: E finalmente, parte da interpretación da obra de teatro de 3º da ESO:  Noraboa pola vosa implicación.